No ano 2014 créase a Escola de Música de Cerdedo para dar cabida aos intereses musicais dos habitantes do Concello de Cerdedo e arredores, comezando a súa andaina no mes de outubro con aproximadamente 20 alumnos.

Ao abeiro da escola de música créase tamén a Banda de Música de Cerdedo dando o seu primeiro concerto en xaneiro de 2015.

Dous anos despois da creación da Escola e da Banda fórmase a Banda Xuvenil da Escola de Música de Cerdedo para formar aos alumnos máis avantaxados da Escola na interpretación en conxunto e así mellorar as súas aptitudes e capacidades antes de dar o salto á “Banda Grande” e tamén fomentar o compañeirismo, traballo en grupo e colaboración entre iguais deixando a un lado as individualidades das clases instrumentais.

Esta agrupación realiza anualmente os concertos de Nadal, Entroido e o Día da Música organizados pola Escola de Música así como participa en Festivales de Bandas Xuveniles e organiza o seu propio Festival de Bandas Xuveniles dende o ano 2020.

A Banda Xuvenil da Escola de Música de Cerdedo está formada na actualidade por aproximadamente uns 25 músicos, todos eles alumnos da Escola de Música de Cerdedo con idades comprendidas entre os 10 e os 18 anos.

Categorías: